Quen? António Monteiro de Oliveira, profesor da Universidade Portucalense de Porto.
Que? A apropación do espazo público: entre a arte e a delincuencia. Evidencias na cidade de Porto.
Cando? Luns 20 de novembro de 2017 ás 20 horas.
Onde? Camões, Centro cultural português em Vigo. Praça Tenente Almeida s/n.
Organiza: Ateneo Atlántico.
Organiza: Ateneo Atlántico.
Presenta: José Luis Mateo Álvarez (Ateneo Atlántico)
O Ateneo Atlántico faise eco da súa vocación lusófona a través deste primeiro acto no Instituto Camões de Vigo. Aproveitando a presenza da exposición que se está a desenvolver no Centro cultural português da nosa cidade sobre a arte urbana ('Street Art Street Photo') aproveitamos para ollar cara a cidade de Porto e a súa actividade artística ligada ao grafitti e o street art.
Contamos para isto co experto na arte urbana de Porto, António de Oliveira, que desenvolverá un percorrido a través das principais figuras do panorama portuense.
Entre os aspectos que se tratarán na intervención están algúns dos máis polémicos neste tipo de manifestacións artísticas: a apropiación dos espazos públicos, a arte da delincuencia e a arte de vandalizar espazos públicos ou privados, a apropiación privada dos artistas públicos, etc.
Os muros da cidade de Porto tomarán unha nova dimensión artística para os ollos dos vigueses que adoitamos pasear polas rúas da cidade lusa.