CinemAteneo: Axenda oculta


CINEMATENEO
A segunda película do noso ciclo 'O poder e o medo' será Axenda Oculta, produción británica de 1990 do director Ken Loach.
Película: Axenda oculta
Mércores 13 de decembro
Multicines Norte. Vigo
Ficha Técnica:
Director: Ken Loach
Guión: Jim Allen
Intérpretes: Frances McDormand, Brian Cox, Mai Zetterlin, Brad Dourif, Michelle Fairley, Brian McCann.
Argumento: En Irlanda do Norte, a principios dos anos oitenta, dous avogados norteamericanos que traballan en dereitos humanos investigan o trato que se lles dá aos presos políticos do IRA. Cando reciben información que compromete ao goberno de Margaret Thatcher, un deles resulta asasinado polas forza policiais. O inspector que leva o caso colaborará coa avogada Ingrid Jessner para aclarar os feitos.
"Nesta obra mestra, Loach mergulla nas cloacas político-sociais do conflicto norirlandés. Pero 'Axenda oculta' é máis ca iso. É un filme que fai da sobriedade un elemento expresivo de primeira orde". (Miguel Á. Palomo, El País)
Moderador: a presetanción da película e do coloquio posterior correrá a cargo de Celso López Pazos, vigués, licenciado en Xeografía e Historia é docente no Centro de Educación de Adultos en Vigo. Desde os anos setenta, en Compostela, Celso López ten presentado inumerables películas e realizado crítica cinematográfica na maioría dos medios escritos e radiofónicos de Galicia.. Destaca a súa colaboración durante dous anos en radio Ecca no programa de cine “A Xanela do Maxín” e o seu traballo, durante vinte anos, como crítico cinematográfico en A Nosa Terra. Asemade participou, como relator, en varios cursos para profesores de ensino secundario sobre “O cine como recurso didáctico”.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/