O Ateneo Atlántico proxectáse cara a Portugal cunha conferencia sobre A arte urbana na cidade de Porto
Vigo, 20 de novembro.-
“A apropación do espazo público: entre a arte e a delincuencia. Evidencias na cidade de Porto”, será o tema da conferencia de António Monteiro de Oliveira, profesor da Universidade Portucalense, o luns 20 de novembro de 2017, ás 20 h, no Instituto Camões. Centro cultural português em Vigo (Praça Tenente Almeida s/n).
José Luis Mateo, historiador e membro da directiva do Ateneo, que será o introductor da conferencia, anuncia que “con esta actividade, o Ateneo Atlántico chama a atención sobre a actividade artística na cidade de Porto, vinculada ao grafitti e ao street art, contando cun experto na arte urbana daquela cidade que fará un percorrido a través das principais figuras do panorama portuense”.
Entre os aspectos que se tratarán na intervención de António Monteiro de Oliveira están algúns dos máis polémicos neste tipo de manifestacións artísticas, como a apropiación dos espazos públicos, a arte da delincuencia e a arte de vandalizar espazos públicos ou privados, ou a apropiación privada dos artistas públicos. Con esta conferencia, o Ateneo Atlántico afirma a súa vocación de achegamento cara a Portugal, ao establecer unha primeira colaboración co Instituto Camões de Vigo, onde se está a desenvolver a exposición sobre arte urbana Street Art Street Photo.