Pensando a Cidade: O Vigo industrial


Pensar a Cidade. Vigo industrial

O venres 24 de novembro (19.15 horas), na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa), celebrarase o primeiro acto dunha serie que, arredor do título xenérico “Pensar a Cidade”, o Ateneo Atlántico desenvolverá ao longo dos próximos meses.
Este encontro inicial leva por título “Vigo Industrial” e versará sobre o rol da industria na definición da personalidade da cidade de Vigo e a súa comarca. Para ilustrar, dimensionar e facernos reflexionar sobre a impronta que este sector secundario deixou (e está a deixar?) na nosa cidade, contamos con dous dos mellores expertos na cuestión de análise: Xosé Carlos Arias e Xoán Carmona Badía, ámbolos dous catedráticos de Economía e, de sempre, vencellados a esta cidade. Asemade no acto intervirá, como contrapunto e moderadora, Amelia Pérez Álvarez, sindicalista e traballadora de Zara. Presentará o acto Anxo Cabada Álvarez, Presidente do Ateneo Atlántico.
Semblanzas:
Xosé Carlos Arias, lugués (intramuros), residente en Vigo, Catedrático de Política económica na Universidade de Vigo.
Entre as múltiples publicacións debemos destacar algún dos seus últimos libros: “La nueva piel del capitalismo “ én colaboración co prestixioso analista de economía e catedrático Antón Costas (Galaxia G., 2016), “Nuevo instuticionalismo: gobernanza económica y políticas públicas” (CIS, 2013) e outro traballo conxunto con Antón Costas “La torre de la arrogancia” (2º edc. Ariel, 2012) . Columnista de “La Voz de Galicia”, destaca a súa función divulgadora nos medios de prensa e televisión. Así mesmo e de suliñar a permanente colaboración en publicacións e libros impresos por editoriais internacionais como Springer ou Routledge.
Xoán Carmona Badía, vigués , Catedrático e Director do Departamento de “Historia e Institucións Económicas” na Universidade de Santiago.
Inicialmente, a súa investigación, centrouse na historia marítima empresarial, industrial e patrimonial de Galicia. Exerceu o comisariado de diversas exposicións e proxectos sobre a conservación do patrimonio industrial e marítimo en Galicia e diversas capitais europeas. É de suliñar a exposición “Galicia Industrial” coa que se inaugurou a sede viguesa da Fundación Barrié de la Maza xunto co Jordi Nadal Oller. Entre as súas múltiples publicacións debemos suliñar: “O atraso industrial de Galicia”; “O empeño industrial de Galicia: 250 anos de historia, 1750-2000” e “As familias da conserva. O sector das conservas de peixe a través das súas sagas familiares”. Tamén é de destacar, coma a de X. Carlos Arias, o seu compromiso divulgador.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/