Dous días, unha noite
Mércores 10 de xaneiro
19.40 horas
Multicines Norte. Vigo.
Bélxica-Francia, 2014
Dirección e Guión: Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne
Reparto: Marion Cotillard, Fabrizio Rongione, Pili Groyne, Simon Caudry, Catherine Salée, Batiste Sornin, Alain Eloy, Myriem Akeddiou, Fabienne Sciascia, Olivier Gourmet
Argumento: ante a disxuntiva proposta pola dirección da súa empresa para aforrar custos, Sandra deberá tratar de convencer os seus compañeiros de traballo para que renuncien a súa paga extraordinaria e así ela poida conservar o seu traballo. A película acompaña a Sandra e ao seu marido nos seus desvelos ao longo dos dous días e unha noite do prazo da decisión.
Distincións: 2014: premios Óscar, Nominación mellor actriz (Marion Cotillard); Premios César, nominación a mellor actriz (Cotillard) e mellor filme estranxeiro; premios Guldbagge: mellor película estranxeira; festival de Cannes: sección oficial longametraxes a concurso; premios BAFTA: nominación a mellor película en fala non inglesa; Seminci de Valladolid: sección oficial longametraxes a concurso; National Board of Review: mellores películas estranxeiras do ano; Círculo de Críticos de Nova Iorque: mellor actriz (Cotillard); premios do Cine Europeo: mellor actriz (Cotillard); Satellite Awards: 2 nominacións incluíndo mellor película estranxeira; Critics Choice Awards: 2 nominacións incluíndo mellor actriz (Cotillard); Asociación de Críticos de Chicago: 2 nominacións incluíndo mellor película estranxeira.
Duración: 96 minutos
O debate posterior será levado por Xabier Pérez Dávila, economista e mestre durante case 40 anos no ensino público. Colaborador en medios de comunicación sobre temas coma a viabilidade dos sistemas de pensión, ou a evolución da sociedade capitalista na que vivimos. Autor dos libros "A batalla polas pensión (1981-2013)" Estaleiro Editora (2013), e "Alén da Casta" Edicións Laiovento (2016). Ha sido sindicalista durante toda a súa vida laboral e actibvista en moventos sociais coma o movemento anti-OTAN ou contra a guerra de Iraq.
A xestión da proxección desta película correrá a cargo dos propios Multicines Norte. As entradas, mantendo os prezos do Ateneo (3€ persoas asociadas, 4€ público xeral), serán distribuídas polos propios cines e non haberá servizo de reserva previa.