María Xosé Queizán, Frankenstein e Mary Shelley

literAteneo
O espello das plabras
María Xosé Queizán
Frankenstein, da xenial Mary Shelley, cumpre douscentos anos


Martes 6 de marzo de 2018
19.30 horas
Casa del libro, rúa Velázquez Moreno 27, Vigo

A novela Frankenstein: o moderno Prometeo, de Mary Wollstonecraft Shelley, foi publicada o primeiro de xaneiro de 1818 e chega a seu vicentenario con homenaxes en todo o mundo. O Ateneo Atlántico, dentro do seu ámbito literario, literAteneo, súmase a esta efemérede cunha conferencia de María Xosé Queizán, autora dunha interesantísima investigación sobre a escritora británica e a súa obra.
No seu ensaio Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, Queizán da conta de como Mary Shelley, filla da autora dunha obra cimeira do feminismo, Vindicación dos dereitos da muller, tivo unha completa educación, pouco frecuente para as mulleres na súa época e cunha influencia que queda patente, na procura un racionalismo ilustrado que despertou o interese dos estudos feministas. Na súa novela, a autora fai unha  viaxe a través da súa propia biografía, do contexto sociopolítico do seu tempo, da revolución industrial e máis do poder que emana da súa criatura literaria, Frankenstein, figura imperecedoira da literatura universal e reiteradamente tratada no cine e na TV.

Alén dunha extensa obra narrativa, poética e teatral, María Xosé Queizán é a voz pioneira e con máis peso do feminismo galego e acadou un notable recoñecemento internacional. Directora da revista feminista Festa da palabra silenciada, como ensaísta publicou A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1988), Racionalismo político e literario. Conciliar as ciencias e as Humanidades (2004), Anti Natura (2008) e Mary Wollstonecrat Shelley e a súa criatura artificial (2011).

A xornalista e escritora María Xosé Porteiro, presentará a María Xosé Queizán no acto que comezará ás 19:30 na Casa do Libro, en Vigo
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/