Polos camiños de Vigo. Andaina polo Castro

Polos camiños de Vigo
con Xurxo Pérez Pintos
O parque do Castro, formas de intelixencia das árbores
Sábado 14 de abril
(inscrición previa)


A andaina polo Castro con Xurxo Pérez Pintos (Polos camiños de Vigo: o parque do Castro, formas de intelixencia das árbores), estaba anunciada para o sábado 7 pero, por mor das previsións climatolóxicas, vémonos na obriga de aplazala para o sábado seguinte, 14 de abril, entre, aproximadamente, as 11.30 e as 13.30.
Esta actividade é a primeira dun ciclo para coñecer Vigo camiñando e céntrase nun paseo polo Castro guiados por Xurxo Pérez Pintos, biólogo cunha ampla traxectoria neste tipo de paseos pedagóxicos.

Dado o modelo de actividade, ten unha participación máxima de 25 persoas; no caso de recibir solicitudes suficientes poderemos organizar un segundo paseo. Nos dous casos a actividade será totalmente gratuíta.

A inscrición, en principio, está reservada a persoas asociadas ao Ateneo e cada asociado poderá invitar a unha segunda persoa (asociada ou non).

Para inscribirse hai que mandar un correo electrónico a ateneoatlantico@gmail.com no que conste o nome completo e o número de asociado da persoa que realiza a inscrición e, no caso de querer levar invitado, o nome completo desta segunda persoa.

A selección de participantes realizarase por rigorosa orde de chegada ao noso buzón dos correos electrónicos coa solicitude de inscrición. As solicitudes que non se axusten ao punto anterior non serán tidas en conta.

Ás persoas seleccionadas avisarémolas directamente da súa selección e da concreción do horario e lugar de cita.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/