Celebrando os 30 anos de CineGalicia
con Uxía Blanco, Pancho Casal, Alfredo García Pinal e Miguel Anxo Fernández
Xoves, 21 novembro · 19:30h
Salón de Actos do MARCO · r/ Príncipe 54
Neste mes de novembro de 2019 estamos a conmemorar os
trinta anos da mostra CineGalicia. Trinta anos desde aqueles 23, 24 e 25
de novembro de 1989 nos que
o cine Fraga, tristemente hoxe pechado, foi testigo excepcional da
estrea
de tres longametraxes galegas:
Sempre Xonxa,
Continental e Urxa.
Cinegalicia e o Fraga foron, durante tres días, un gran plató de cine que converteu a cidade de Vigo na capital galega do
audiovisual,
o cerne dunha
maravillosa etapa da que estamos a recoller os froitos con novos directores e directoras
como Oliver Laxe, Diana Toucedo, Eloy Enciso, Lois Patiño, Alfonso Zarauza,
Alvaro Gago, Anxos Fazáns e outros moitos que están a levar o cine feito
en Galicia a un importante nivel internacional.
Treinta anos despois o Ateneo
Atlántico quere render unha homenaxe ás persoas
que loitaron por conseguir que aquelas tres longametraxes marcases o
inicio dunha fermosa historia. Neste acto conmemorativo que hoxe
organizamos contamos con autores e executores que nos falarán da milagre
Continental, Sempre Xonxa e Urxa, un representante de cada unha das tres películas que viron a luz naquelas históricas xornadas.
Entrada libre ata completar aforo (140 persoas )
- Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa.
- Pancho Casal, produtor de Continental.
- Alfredo García Pinal, director de Urxa.
- Miguel Anxo Fernández, crítico de cine de La Voz de Galicia,