Certame Literario Exeria

O Ateneo Atlántico, en colaboración coa Fundación Xoán Piñeiro, convoca o certame literario Exeria nas modalidades, diferenciadas e independentes, de microrrelatos e poesía.

 O Ateneo Atlántico en colaboración coa Fundación Xoán Piñeiro convoca o

Certame literario Exeria

De acordo coas seguintes

Bases:

 A temática das creacións xirará arredor da idea: "Andainas pola arte urbana viguesa".
O tema é a cidade de Vigo e a arte nas súas rúas: figuras escultóricas, monumentos, murais...

Poderá participar calquera persoa.

As obras serán inéditas.

A extensión máxima será de 200 palabras para os microrrelatos e de 150 para os poemas.

Para cada unha das convocatorias (microrelatos e poesía) cada persoa participante poderá presentar ata un máximo de tres textos.

A presentación de cada un dos textos farase a través dun correo electrónico ao enderezo:

ateneoatlantico@gmail.com

Neste correo achegaranse dous arquivos:
     1. O título da obra, xunto co relato ou poema.
     2. Plica: Título da obra, nome completo do autor/a e número de teléfono

A data limite para a recepción de traballos será o 7 de maio de 2021.

O fallo do xurado farase público o 17 maio, día das Letras Galegas

 

Premios

Para cada unha das modalidades haberá un primeiro premio e un agasallo para o traballo finalista.

O premio para a creación gañadora será un bronce elaborado pola artista Cuqui Piñeiro.

O recoñecemento para o texto finalista será dun vale para adquirir libros nunha librería da cidade.

Xurado

O xurado estará composto por cinco membros:

    Una persoa pertencente á xunta directiva do Ateneo.
    Unha persoa designada pola Fundación Xoán Piñeiro.
    Tres persoas a escoller por sorteo entre as persoas asociadas ao Ateneo Atlántico.
    A xunta directiva do Ateneo nomeará un segundo representante para os labores de secretaría; esta      persoa contará con voz mais non con voto.

Exeria

Exeria foi unha viaxeira e poeta galega do século IV.
Entre o ano 381 e o 384 realizou unha viaxe na que, saíndo da Gallaecia, atravesou Hispania, o sur da Galia, Italia e, a través do Adriático, chegou a Constantinopla. De aí pasou a Xerusalén, Exipto, Antioquía, Mesopotamia, o río Éufrates e Siria. De Siria regresou a Constantinopla.
As súas impresións da viaxe recolleunas nun manuscrito que titulou Itinerarium ad Loca Sancta.
Os feitos de estar escrito nun latín vulgar, de que a narración é moi minuciosa e o estilo especialmente animado, fixeron que a obra tivese unha significativa difusión na súa época.
Hoxe, Exeria está recoñecida como unha das moitas mulleres que, sendo sobresaíntes na súa actividade (neste caso literaria, con moito acento aventureiro) foron silenciadas por unha historia escrita en xénero exclusivamente masculino.

G
M
T
La función de sonido está limitada a 200 caracteres
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/