CLASE POLÍTICA EN ESPAÑA (1996-2008)
de MODESTO GAYO
Remedios Copa
Xosé Mahou
Mércores 24 de novembro
19 horas, biblioteca da EMAO
O mércores 24 de novembro, ás 19 horas, e na biblioteca da EMAO, o Ateneo Atlántico presenta o libro Clase y política en España I (1986-2008), de Modesto Gayo (editorial Siglo XXI España, 2021).
Modesto Gayo é
catedrático de socioloxía na Universidade Diego Portales de Santiago
de Chile.
Ademais de docente, a día de hoxe é investigador
adxunto do Centro de Estudos de Conflito y Cohesión Social
(COES).
As sus áreas de especialización son, entre outras, as
teorías da clase media, a desigualdade cultural, a reprodución
social e o estudo das prácticas da riqueza e das elites.
Neste libro, subtitulado Estrutura social e clase media na democracia pos-transicional, e prologado por Alberto Garzón, realiza un profundo estudo sociolóxico da clase media española e do seu comportamento político.
Ademais de profundar nas teorías e debates sobre a clase media, Modesto Gayo afonda no seu comportamento político, as súas actitudes e valores, e a relación entre o emprego e o voto, tomando para esta última análise o caso español no período comprendido entre 1986-2008.
Tampouco escapan ao estudo do autor, a estabilidade do votante e a continuidade do sistema de partidos, a evolución ideolóxica da clase media e a súa participación e implicación nas organizacións políticas y sindicais.
Gayo, no seu libro, degrae os patróns importantes do comportamento político da clase media e vai máis alá das habituais análises, incorporando diferentes temáticas que lle permiten extraer conclusións multidimensionais.
En palabras do autor “non abonda con subliñar diferencias parciais cando un cadro xeral é empiricamente máis completo e pode matizar en diferentes grados ou contradicir teses derivadas de investigacións monotemáticas”.