Certame Exeria: ampliado prazo de presentación

 Atendendo as suxestións dalgúns dos nosos asociados, a Xunta Directiva do Ateneo Atlántico, previa consulta coa Fundación Xoán Piñeiro, vén de decidir ampliar o prazo de presentación de orixinais para o concurso literario Exeria.

 
CERTAME LITERARIO EXERIA

AMPLIADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS 

NOVA DATA LÍMITE: 7 DE MAIO

A nova data límite de recepción de obras é o 7 de maio.

Lembramos que a convocatoria é para microrrelatos e poesía; o tema xenérico é 'unha andaina pola arte urbana viguesa'; os orixinais e as plicas correspondentes deben enviarse ao correo electrónico do Ateneo (ateneoatlantico@gmail.com); o premio consiste nun bronce de Cuqui Piñeiro para cada unha das categorías e un cheque-regalo para comprar libros nunha librería viguesa.

As bases completas poden consultarse en Certame Literario Exeria.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/